Jacobo, Romero, Lamas | Tradicional / jazz

23/Jan/2015 - 11:55pm

Jacobo, Romero, Lamas | Tradicional / jazz

Xosé Lois Romero: acordeón, percusión tradicional; Pedro Lamas: saxofón, gaita; Jacobo de Miguel: piano.

Jacobo, Romero, Lamas O jazz e maila música tradicional danse a man. No espectáculo que presentan co gran mestre Jacobo de Miguel, deleitarannos composicións de Pedro Lamas ("Azougue", "Versos Libres", "Introito") e de Miguel ("Danza número 1", "Movimiento continuo" e "Cecebre") que fusionan a tradición asturiana e galega (cancioneiros de Torner e Bal y Gay) baixo un particular prisma con piano, saxo e gaita como soportes principais.